Noticias
7 de outubro de 2010
Burela rende homenaxe ás campioas galegas

As xogadoras e o corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén foron recibidos no consistorio burelao esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de campións galegos acadado o pasado 12 de setembro en Celanova, na vixésima edición da Copa Galicia. O cadro laranxa acudiu ao acto acompañado do vicepresidente da entidade Manuel Blanco e do directivo Marcelino Luna.

Alfredo Llano agradeceu o esforzo e a decisión das deportistas burelás polo seu brillante logro na validación da Copa de Galicia por segundo ano consecutivo, un éxito que  cualificou “como a mellor carta de presentación e un símbolo para o concello de Burela”. Pola súa banda, Neves Cando animou o conxunto laranxa a seguir recollendo recoñecementos para o fútbol sala burelao e galego. O alcalde e a concelleira incidiron no compromiso municipal por manter o apoio que se vén prestando ao club. 

Tras o acto oficial, no que o Burela FSF recibiu diversos obsequios institucionais, xogadoras, corpo técnico, representantes do club e autoridades locais participaron nunha foto conmemorativa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores