Noticias
10 de outubro de 2010
O Burela logra o seu primeiro triunfo a domicilio logo de vencer por 1-2 ao Tobarra

O Burela logra a súa primeira vitoria a domicilio logo dun encontro moi disputado na súa estrea na cancha do Ribeira Alta Tobarra que vendeu cara a súa derrota (1-2) e fixo sufrir nos minutos finais ao cadro mariñán.

A afección manchega gozou dun bo encontro no que os burelenses xogaron mellor as súas bazas e golpearon no momento xusto. Juanma demostrou o seu oportunismo, no minuto dous de xogo, e diluíu a saída en tromba do conxunto local ao aproveitar un rexeitamento para establecer o 0-1. O tanto conseguido polo capitán laranxa propiciou que o Burela comezase a xogar con maior tranquilidade e control ante un Tobarra moi combativo aínda que incapaz de perforar a meta de Edu.

Co 0-1 no marcador chegouse ao descanso e na continuación repetiuse a historia inicial. Nesta ocasión, o encargado de marcar nos primeiros compases foi Adriá Esteller. O 0-2 caeu como un xerro de auga fría no cadro local e deu paso a un maior dominio laranxa que non se plasmou no marcador. Así se chegou aos minutos finais, entón o Tobarra apostou polo porteiro-xogador e obtivo o seu premio co tanto logrado por Juan Ródenas, minuto 37. A afección local, moi animosa durante todo o choque, empuxou o seu equipo cara á igualada pero os mariñáns souberon sufrir para levar finalmente os tres puntos. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores