Noticias
13 de outubro de 2010
Unha fatigosa segunda parte condena o Burela FSF en Valladolid (5-2)

O Burela FSF Pescados Rubén non puido encadear o seu terceiro triunfo consecutivo. A pesar do seu meritorio papel nos primeiros vinte minutos, o cadro de Javier Pardeiro regresou sen puntos da súa visita a Valladolid (5-2), condicionado por unha fatigosa segunda parte.

As laranxas saltaron á pista pucelana con agresividade, pisando forte. Cun dominio absoluto na primeira parte, Dolo xa puxo o 1-0 a tres minutos do asubío inicial. No entanto, o marcador mantívose inalterable ata o descanso, a pesar das numerosas ocasións de gol por parte das mariñás.

No reinicio, o Valladolid intensificou a presión. Con este cambio de ritmo chegou axiña o empate, transformado por Bea (minuto 22), e a vantaxe local, grazas a Leticia (25) e Rosángela (30). Na tentativa por reaccionar do Burela, con Dolo como porteira-xogadora, e acusando xa a escaseza de rotacións, reapareceu Leticia para ampliar distancias (4-1, 32). O cadro laranxa non se deu por vencido; sacando forzas de todos os recunchos, Ro puido dar aire ás mariñás co 4-2 a tres minutos para o final. O quinto tanto valisoletano subiu ao electrónico a escasos segundos do final dende propia pista.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores