Noticias
14 de outubro de 2010
O Burela FS xa ten nova imaxe

A entidade laranxa xa ten nova imaxe, a proposta da alumna da EDM Burela FS Carla Bolaños Blanco. O club deu a coñecer a gañadora do concurso “Na Busca da Mascota Laranxa” o martes pasado, no descanso da cita ante ElPozo Ciudad de Murcia. O vicepresidente burelista Manuel Blanco foi o encargado de entregarlle a agraciada o premio, dous Abonos Simples 2010-11, ademais dun agasallo sorpresa.

Agora tocaralle a quenda ao Burela FS, na fase de confección da mascota. O club laranxa traballará no deseño de Carla, baseado na fortaleza e valentía dun cánido, co fin de empregalo como imaxe de referencia nos seus eventos promocionais e comunicativos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores