Noticias
17 de outubro de 2010
O Burela FS ve escapar os tres puntos no último minuto

Os tres puntos escaparon hoxe para o Burela FS fronte ao Extremadura Cáceres (3-3) despois de levar a dianteira na maior parte do encontro.  O tramo final volveu poñer costa arriba os intereses laranxas, que viron como desaparecía a vantaxe e a vitoria no último minuto.

Aínda que o encontro comezou mal para o cadro de Suso Rey, cun gol local por propia porta de Purao, os mariñáns axiña tomaron as rendas. Así, xa no 14, Esteller igualaba o marcador e catro minutos máis tarde, Christian subía o 1-2, co que se anunciaría o período de descanso.

No segundo tempo, o Extremadura conseguiu a igualada no minuto 29, de Sergio, pero en poucos segundos o capitán, Juanma, volveu sacarlles brillo ás súas zapatillas para adiantar de novo os seus (2-3). A falta de cinco minutos para o asubío final, os estremeños optaron polo porteiro-xogador, táctica que deu os seus froitos nas últimas sacudidas, cun lanzamento de Pablo Ángel dentro da área.

Este empate leva os burelistas ata a sexta praza, aínda que empatados co cuarto, UPV Marista Valencia, que se impuxo na casa do Tobarra (4-6), e o quinto, Lanzarote, que tamén venceu ao Navarra (6-4).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores