Noticias
22 de outubro de 2010
O Gironella chega a Vista Alegre fuxindo dos postos críticos
O Burela FSF Pescados Rubén disputará en domingo (12.30 horas) a sétima xornada de Honra, coa visita do Queralt Gironella, un conxunto que chega a Vista Alegre fuxindo dos postos críticos.
 
Barcelonesas e mariñás pelexarán polos últimos tres puntos en xogo antes do primeiro descanso da competición, a próxima semana, que coincide con amigables da Selección Española.
 
Con 9 puntos e empatado co Cidade das Burgas, o Burela FSF perseguirá a vitoria para manterse na sétima praza e ir asentándose na metade alta da táboa. Pola súa banda, o Queralt intentará saír do fondo da táboa; ostenta a décimo terceira posición, con 4 puntos, empatado con Ciudad de Alcorcón (14º) e Orvina (15º).
 
A escuadra mariñá pelexará contra un cadro que está sufrindo un  inicio bastante irregular, pero que por potencial e calidade poderá ir medrando cos partidos e coarse entre os oito primeiros. No que vai de tempada o Gironella só puido arrancar puntos en Murcia (0-3) e Zaragoza (2-2), na primeira e quinta xornada respectivamente. Algúns dos nomes que destacan no seu vestiario son precisamente o dunha internacional, Claudia Pons, unha das mellores peches da liga; a ala Patricia, ex do Castelldefels; ou a ala-pivote Anneta, minguada na tempada pasada por problemas de lesións.
 
No banco laranxa, Ro, Lucía, Lidia e Claudia arrastran senllas molestias que, en principio, non lles impedirán participar.
 
O Burela FSF Pescados Rubén volverá á competición en Pamplona o 6 de novembro, coa oitava xornada de Honra ante o Orvina, conxunto novel na categoría co que as mariñás xa coincidiron en Prata.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores