Noticias
26 de outubro de 2010
Valioso punto do Ribadeo ante o imbatido Cidade de Ourense (0-0)

Como todo enfrontamento sen goles, de eslamiado e aburrido pódese cualificar o encontro do sábado no municipal ribadense entre o Panificadora del Eo Ribadeo FSF e o Cidade de Ourense. Con todo, as ribadenses foron as máis beneficiadas ao conseguir manter a súa portería a cero e sumar un punto na súa necesitada conta, ante un todopoderoso Cidade de Ourense, segundo clasificado que aínda non coñece a derrota.

O partido foi dun claro dominio visitante, sendo dono do balón, pero unha vez máis, as ribadenses incomodaron e obstaculizaron o xogo das ourensás coa súa tónica de ceder terreo ao rival esperándoo en media cancha e cunha defensa presionante a partir desa liña. No transcurso do encontro, as ribadenses tutearon as das Burgas e o partido entrou nunha onda de ocasións en ambas as porterías, que en ningún momento chegaron a materializarse.

A lucense Arancha Arias foi a nova cara nas filas mariñás como última incorporación. Fichada a semana pasada, é unha xogadora con experiencia que sen dúbida achegará estabilidade ao equipo.

Próxima xornada. O Panificadora del Eo é o cuarto equipo en canto a número de goles encaixados, polo que as súas xogadoras deberán manter un alto grao de concentración o vindeiro sábado na pista do líder, Leis Pontevedra FS (multiusos A Xunqueira, 16.30 horas), que ata o momento só coñece a vitoria.

Provincial masculino. O Ribadeo FS volveu gañar a domicilio, esta vez en Castroverde por un apertado 4 a 5. Con estes 3 novos puntos e a derrota do Becerreá, suman 10 os mariñáns e ascenden á terceira praza. O Navia FS será o próximo rival dos ribadenses, que chegará desde a novena praza.

Ficha técnica

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva, Elvira, María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Iria, Yoli, Arancha, Marta e Vanessa.

Cidade de Ourense: Bárbara, Olga, Lía, Milagros, María, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Tere, Greta, Sabela e Dana.

Tarxetas amarelas: Fátima polo Ribadeo FSF e Greta polo Cidade de Ourense

Árbitros: Aparicio Carrasco e Antón Menéndez (anotador), da delegación lucense

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores