Noticias
7 de novembro de 2010
Vitoria incontestable do equipo laranxa ante o Zamora (5-1)

O equipo burelao venceu ao Arcebansa (5-1) grazas a unha gran actuación do conxunto, que soubo aproveitar as ocasións e moveu o balón con criterio, diante un Zamora errático que dispuxo de varias oportunidades para marcar pero non foi quen de inquietar a parroquia local.

Abriu o marcador Esteller, que fixo un grande encontro, cun tanto temperán (1-0. Minuto 2). Juanma anotou un minuto despois, de excelente disparo dende a frontal que se coou pola escuadra da meta visitante (2-0), e o equipo que adestra Juanito reaccionou no minuto 15 cunha boa combinación que rematou en gol de Carracedo. Con 2-1 íase ao descanso, logo de que Edu detivera un dobre penalti a falta de 3 minutos para o intermedio.

Na segunda metade, foi un querer e non poder por parte do Arcebansa, que dispuxo de varias ocasións claras pero marrou nos seus intentos. O equipo de Suso Rey, pola contra, marcou por medio de Christian e Juanma por dúas veces máis. Tremendo partido do ‘Mariscal’, que estivo en todas e puido facer algún máis de non ser polo excelente labor do porteiro zamorano.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores