Noticias
19 de novembro de 2010
As laranxas visitan a pista dun Ciudad de Alcorcón con dificultades de adaptación

O Burela FSF Pescados Rubén afronta mañá a décima xornada de Honra, na pista dun novel, o Ciudad de Alcorcón, rival que está experimentando algunha que outra dificultade na adaptación á categoría; as madrileñas ocupan a penúltima praza da táboa. O encontro dará comezo ás 20.00 horas no pavillón municipal Santo Domingo.

Dende a sétima posición e con 14 puntos no seu poder, as estatísticas poden dar por favoritas ás laranxas, aínda que sen demasiada confianza, porque o Alcorcón sabe moi ben como xogar na casa e poñer as cousas difíciles. A pesar de que levan sen puntuar dende a súa única vitoria, na cuarta xornada ante o UCAM Murcia (3-0), as madrileñas fan fronte ás citas de Santo Domingo creando perigo constante, como ben demostraron no axustado resultado ante o Ponte Ourense, que se impuxo por 1-2 no tramo final.

Puntuar nesta cita pode servirlle ao conxunto mariñán para ampliar a reducida distancia que mantén co oitavo, Cajasur Córdoba (13), que recibe o poderoso Ponte, segundo (27).

Javier Pardeiro recuperará para mañá a Jozi baixo os paus, antes da súa concentración coa selección brasileira. Irene, pola contra, terá que cumprir o partido de sanción imposto pola RFEF tras a expulsión ante o Cidade das Burgas da semana pasada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores