Noticias
27 de novembro de 2010
O Burela FSF cédelle o empate ao Elche (3-3) tras un segundo período pouco atinado

O Burela FSF Pescados Rubén resolveu hoxe o duelo directo co Femesala en empate (3-3). Tras vinte minutos de superioridade absoluta, o cadro laranxa permitiu a igualada do Elche nun segundo período onde as pupilas de Pardeiro non acabaron de ver a portería rival e as visitantes foron in crescendo.

As cousas pintaban ben en Vista Alegre. Aínda non se cumpriran os dous minutos de xogo cando Ro aproveitou un rexeitamento da meta alacantina para avantaxar as mariñás. Porén, Noelia volveu nivelar o marcador no minuto 4. Co 1-1 volveu comezar o encontro e o dominio local, con dous tantos, novamente de Ro e de Lucía (minuto 12) , que lles proporcionaban tranquilidade ás laranxas. Antes do descanso, aínda Claudia tivo nos seus pés unha boa oportunidade de ampliar as distancias, sen éxito.

Na segunda parte, as ocasións fallidas por parte das burelistas protagonizaron os primeiros compases; ademais de Ro e Lucía, Lidia ameazou cun par de claras oportunidades rozando a meta levantina. Resistíndose a finalización mariñá, chegou o 3-2 (minuto 29), de Mayte. Este tanto deulle forzas ao Femesala para ir medrando paseniño e ir a polo partido intensificando o ataque, co que subiu o 3-3 (minuto 36). A escuadra local intentou perforar de novo a defensa do Elche, con Dolo como porteira-xogadora sen máis opcións. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores