Noticias
3 de decembro de 2010
O Burela FS volve a Vista Alegre ante o Albacete FS

Despois dun mes, o Burela FS poderá vestir a camiseta de equipo local este sábado; será na décimo sexta xornada de Prata, ante o Albacete FS (18.30 horas).

Tras o 4-4 de Navarra e o 1-1 de Barcelona, os rapaces de Suso Rey buscarán dar un paso máis para saír da monotonía do empate e conseguir os tres puntos ante un rival a priori accesible, que ocupa a décimo cuarta praza (14 puntos). Dos seis encontros a domicilio disputados polos manchegos ata o momento, só conseguiron tres puntos (Melilla 2-2, Jaén 3-3 e Lanzarote 3-3), sen coñecer a vitoria.

A única dúbida no vestiario mariñán será de novo Christian, cunha contractura de abductor na perna esquerda.

A última vez que se cruzaron as cores albaceteñas e burelás foi no play off de ascenso a Honra en 2004-05, que se resolveu a favor dos castelano-manchegos no último suspiro, cun equipo intratable feito a golpe de talonario.

 

Axenda apertada

O encontro ante os albaceteños será a primeira cita da atarefada axenda semanal que lles espera aos laranxas. O luns 6 disputarán os cuartos de final da Copa Galicia en Ribeira de Piquín (18.00 horas), de Primeira Nacional B. O mércores 8 tocaralle a quenda á Copa do Rei, na primeira eliminatoria, ante o Mera FS (17.00 horas), de Primeira A. Antes de volver á normalidade de adestramentos, o sábado 11 retomarán a competición de Prata na pista do UPV Maristas Valencia (18.30 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores