Noticias
7 de decembro de 2010
Un Burela con xuventude vence o Ribeira (2-4) e clasifícase para as semifinais da Copa Galicia

O Burela FS logrou o pase ás semifinais da XX Copa Galicia tras a vitoria de onte en Ribeira de Piquín (2-4). Suso Rey reformou o cadro habitual cunha dose extra de xuventude para impoñerse aos de Primeira B, con Brais baixo os paus e outorgando minutos aos novísimos Paleta e Manu, ademais do xuvenil Antón. 

O electrónico viuse sometido a un ir e vir de goles que recibiu o descanso con empate 2-2. A vantaxe materializada por Esteller no minuto 7 foi neutralizada polo ribeirego Méndez no 10. Os laranxas volveron poñerse por diante cun lanzamento de Víctor Cachón (15), pero reapareceron os locais nas zapatillas de Villa (17) para igualar de novo.

Na segunda parte, os mariñáns non puideron sentenciar ata os minutos finais, con tantos de Purao (38) e Adri Gaona (39), e frearon a avalancha do Ribeira con porteiro-xogador.

O Burela FS disputará as semifinais da Copa Galicia en xaneiro co Azkar Lugo, que venceu ao Pinturas Brulak por un axustado 4-5, Hotel Torques FS, que se impuxo ao Parrulo FS (2-0), e Xacobeo 2010 Autos Lobelle, que derrotou ao Carballiño FS (2-3).

Copa do Rei. Precisamente co Hotel Torques FS, de Mera, tamén se atoparán os laranxas mañá, na primeira eliminatoria da Copa do Rei; será ás 17.00 horas, no pavillón de Canide (Oleiros). Suso Rey terá á súa disposición todos os efectivos burelistas.

Ficha técnica

Ribeira FS: Álvarez, Villa, Díaz, Francisco Álvarez e Corredoira, no cinco inicial; tamé xogaron Fernández, Méndez, Pablo e Carlos.

Burela FS: Brais, Purao, Víctor Cachón, Juanma e Adri Gaona; tamén xogaron André, Paleta, Manu, Esteller e Antón (xuvenil).

Goles: 0-1, minuto 7, Esteller; 1-1, minuto 10, Méndez; 1-2, minuto 15, Cachón; 2-2, minuto 17, Villa; 2-3, minuto 38, Purao; 2-4, minuto 39, Adri Gaona.

Árbitros: Arca Blanco e Dacaz Deza, de Vigo

Tarxetas: Amarela para Álvarez e Villa, do Ribeira

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores