Noticias
13 de decembro de 2010 La Voz de Galicia // Foto: Golsala
A burelista Jozi proclámase campioa do Mundo co Brasil
A porteira burelista Jozi coroouse o sábado campioa do Mundo de Fútbol Sala Feminino. A súa selección, Brasil, fíxose co título no torneo internacional que se celebrou entre o 6 e o 11 de decembro en Madrid, cuxa final concluíu cunha clara vitoria (5-1) do combinado canarinho sobre Portugal. Jozi foi a porteira titular da súa escuadra durante todo o campionato e tamén no partido decisivo, onde a selección brasileira marcou por mediación de Lú, en dúas ocasións, Cilene, Vanessa e Jessica.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores