Noticias
16 de decembro de 2010
Acordos da Asamblea da LNFS


A Liga Nacional de Fútbol Sala celebrou este martes dobre asemblea, ordinaria e extraordinaria de clubs, na Cidade do Fútbol da RFEF, onde se aprobou por unanimidade a liquidación e o peche do orzamento e as contas da tempada 2009/2010, que reflicten o balance saneado da Asociación.

Cunha asistencia de 15 clubs de División de Honra e 14 de Prata, deu comezo a xornada coa Asemblea Extraordinaria, onde se aprobou, por unanimidade, a reforma parcial dos estatutos, en tres puntos: o cargo de tesoureiro da Asociación pasará a representalo un asociado, membro da Xunta Directiva; que a figura do Xuíz de Disciplina pasará a ser desempeñada por unha Comisión de Ética; e que as dúas categorías que integran a LNFS pasarían a denominarse Primeira e Segunda División, unha vez que o Comité Nacional de Fútbol sala cambie a denominación das divisións que regula.

 

[+ info. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores