Noticias
18 de decembro de 2010
Empate (2-2) con sabor amargo no último suspiro para o equipo laranxa

O Burela FS recibiu o gol do empate no minuto 39, a escasos segundos do final, cando xa a inchada burelá mascaba o triunfo. Dominaran o xogo os de Suso Rey malia que o cadro visitante tivo oportunidades e puxo en apuros a Edu en varias ocasións.

O gol de Adri Gaona fixo xustiza ao esforzo realizado polos laranxas no primeiro tempo  e anotou cando faltaban segundos para o descanso (1-0). Despois chegou o espectáculo dubidoso do porteiro xogador. O Gáldar dispuxo os seus peóns para tocar a pelota e esqueceuse de que o rival tamén xoga. A reacción de Vista Alegre foi un asubío xeneralizado, ata que o conxunto visitante desistiu e se volveu ver fútbol sala no pavillón. No entanto, Minhoca aproveitou un rebote para empatar.

O cadro laranxa dominaba; atopou de novo o gol ata o minuto 37 (2-1. Juanma), pero a sorte aliouse cos canarios. De novo a poucos segundos do final, de novo grazas a un rebote. O fútbol sala ten estas cousas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores