Noticias
20 de decembro de 2010
Os socios/as poden retirar os carnés 2011 dende hoxe

Os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés 2011, válidos a partir de xaneiro, nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), dende hoxe.

O cadro de Javier Pardeiro volverá á competición de Honra na casa, o 8 de xaneiro, coa visita do Atlético de Madrid Navalcarnero. Aos pupilos de Suso Rey, no entanto, tocaralles inaugurar o ano con dous desprazamentos, ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega (día 8) e Melilla FS (día 15); disputarán o primeiro encontro de 2011 en Vista Alegre, o 22 de xaneiro, fronte ao UMA Antequera.

A entidade laranxa recorda que, para recoller as devanditas acreditacións, correspondentes a 2011, se deberá presentar o xustificante bancario da segunda cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e o Centro Tesal Spa Termas de Villalba obsequian os socios/as laranxas cunha promoción especial 2x1 na entrada do Club e Circuíto Termal para todo 2011, ao prezo de 30 euros [www.tesal.com]. O director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, desprazouse a semana pasada a Vilalba para formalizar o acordo coa xerente do centro, Mónica Fernández Varela.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO SOCIO/A: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas

 

Abonos de media tempada

Co cambio de ano o CD Burela FS tamén ofrece a posibilidade de facer abonos de media tempada. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, pódese escoller entre Abono Simple (38 euros) e Abono Dúo (63 euros), con dereito a dous carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club pon á súa disposición o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 10 euros; Abono 25 (25 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos; e Abono de Xubilado (30 euros).

 

Non socios/as

Os prezos das entradas para os non socios son de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores