Noticias
22 de decembro de 2010
Antón, Juan e Manu preparan a equipaxe de Sub-19 con rumbo a Cádiz

Os xuvenís laranxas Antón, Juan e Manu defenderán as cores galegas na fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-19, que se desenvolverá en San Fernando de Cádiz entre o 28 e o 30 de decembro. Así lle foi comunicado esta mañá ao CD Burela FS pola Federación Galega de Fútbol.

Completan a convocatoria definitiva de Santiago Valladares Antonio Diz, Ángel Trabada e Diego Núñez, do Azkar Lugo; David Pazos, Marcos Fernández e Alejandro Sal, do Xacobeo 2010; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma e Antonio Rodríguez do AD FS Bueu.

A expedición irmandiña partirá da cidade do Apóstolo o domingo 26 con rumbo a San Fernando, sede do Grupo II, no que os galegos se terán que medir a Andalucía, Madrid e Castela-A Mancha. Melilla será a sede do Grupo I, con  Navarra, Aragón e Estremadura; Cataluña encabezará o Grupo III ante Baleares e Canarias; Murcia acollerá o Grupo IV, con Castela e León e Comunidade Valenciana; e, por último, no V Asturias e A Rioxa terá como sede o País Vasco. 

Á fase final, que se disputará a partir do 28 de xaneiro, accederán as cabezas de grupo e o segundo combinado mellor clasificado.


Martes 28 de decembro

18.00 horas: Galicia-Madrid
Localización: Pavillón Almirante Laulhé

 

Mércores 29 de decembro

20.00 horas: Andalucía-Galicia
Localización: Pavillón Almirante Laulhé

 

Xoves 30 de decembro

11.00 horas: Galicia- Castela A Mancha
Localización: Pavillón Municipal de Puerto Real

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores