Noticias
23 de decembro de 2010
O Burela FS apéase da Copa do Rei

O Burela FS apéase da Copa do Rei na segunda eliminatoria, tras a derrota de onte en Vista Alegre ante o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS (1-9), segundo clasificado da División de Honra.

O encontro comezou moi equilibrado, con boas oportunidades para o bando mariñán, pero sen resultados. Os burelistas perdoaron con pouca fortuna na finalización, antes da eficaz reacción do Xacobeo 2010, que soubo aproveitar os balóns perdidos dos laranxas. Once minutos mantivo o Burela FS a portería impenetrable, pero o honorable cadro lobellista fixo valer a súa experiencia e atopou as fendas dun dos mellores metas de Prata dende a primeira ocasión clara. Con 0-2, Juanma puido acurtar distancias desde os 10 metros, cun disparo que petou no poste. O tanto do Burela FS chegou, a menos dun segundo para o descanso, nun saque de esquina de Manu que bateu no fondo da rede.

No segundo período, a diferenza no electrónico pesoulles en exceso aos da Mariña. No tramo final Suso Rey apostou, especialmente, por dar minutos aos xogadores máis novos, Brais, Manu, Paleta e o xuvenil Antón.

Ficha técnica

Burela FS: Edu, Purao, Juanma, Adri Gaona e Víctor Cachón, quinteto inicial; tamén xogaron Esteller, André, Christian, Manu Jiménez, Paleta, Antón Couto e Brais.

Xacobeo 2010 Lobelle: Marcos Vara, Luis, Raúl Campos, Palmas e Pola, quinteto inicial; tamén xogaron Rafael, Alemao, Diego, Romario, Charlie e David.

Goles: 0-1, minuto 11, Alemao; 0-2, minuto 15, Pola; 0-2, minuto 17; 0-3, minuto 17, Pola; 0-4, minuto 18, Rafael; 0-5, minuto 19, Charlie; 1-5, minuto 19, David (p.p.); 1-6, minuto 24, Juanma (p.p.), 1-7, minuto 28, Pola; 1-8, minuto 29, Diego; 1-9, minuto 38, Romario.

Árbitros: Cid Bragado y Martínez Torres, do colexio galego

Incidencias: Partido correspondente á segunda eliminatoria da Copa do Rei; arredor de 700 afeccionados/as

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores