Noticias
27 de decembro de 2010
Madrid, primeiro rival de Antón, Juan e Manu coa camiseta galega

O combinado madrileño será o primeiro rival dos laranxas Antón, Juan e Manu defendendo a camiseta de Galicia Sub-19 na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais de San Fernando de Cádiz (28-30 de decembro); será mañá, a partir das 18.00 horas.

Integrado no Grupo II, o conxunto de Santiago Valladares medirase o mércores a Andalucía (20.00) e o xoves a Castela A Mancha (11.00).

Outros grupos. Melilla será a sede do Grupo I, con  Navarra, Aragón e Estremadura; Cataluña encabezará o Grupo III ante Baleares e Canarias; Murcia acollerá o Grupo IV, con Castela e León e Comunidade Valenciana; e, por último, no V Asturias e A Rioxa terán como sede o País Vasco. 

Á fase final, que se disputará a partir do 28 de xaneiro, accederán as cabezas de grupo e o segundo mellor clasificado.

 

Martes 28 de decembro

18.00 horas: Galicia-Madrid
Localización: Pavillón Almirante Laulhé
 
Mércores 29 de decembro

20.00 horas: Andalucía-Galicia
Localización: Pavillón Almirante Laulhé
 
Xoves 30 de decembro

11.00 horas: Galicia- Castela A Mancha
Localización: Pavillón Municipal de Puerto Real

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores