Noticias
28 de decembro de 2010
O Burela FS chega a un acordo con Pescados Rubén para construír un pavillón

O CD Burela FS sumouse ás tradicionais bromas de Nadal no Día dos Santos Inocentes con esta nota. Agradecemos o sentido do humor de todos lectores/as e o grande interese suscitado dende diferentes medios de comunicación.

 

O CD Burela FS vén de pechar un acordo con Pescados Rubén SL, un dos principais patrocinadores da entidade laranxa, polo que a empresa mariñá cederá os seus terreos e instalacións sitos en Burela para o levantamento dun pavillón co fútbol sala como principal práctica.

A nova construción, con capacidade para uns 3.000 afeccionados/as, poderá estar rematada para o comezo da tempada 2011-12 coincidindo co décimo aniversario do CD Burela FS. Deste xeito, pasará a ser a sede oficial do club durante os vindeiros cinco exercicios, segundo o asinado entre Pescados Rubén e a entidade burelista. O pavillón, que levará o nome de Nois Area,   tamén acollerá outros actos deportivo-culturais de relevancia na comarca.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores