Noticias
29 de decembro de 2010
O Infantil imponse ao Hércules e cóase na segunda fase de Lugo

O ED EON Burela FS Infantil A coouse na segunda fase do IX Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’ (2-4 de xaneiro), tras impoñerse onte ao Hércules Coruña (1-2) na final da primeira eliminatoria, de carácter autonómico.

Ademais de resolver os enfrontamentos de grupo con contundencia e quedar campión, o cadro de Carlos Méndez tamén foi recoñecido co Trofeo Sykes de Equipo Máis Deportivo (Víctor Cabarcos, Aarón Fernández, Alejandro García, Adrián Sanjurjo, Daniel López, Renato Lopes, Christian García, Borja Blanco, Adrián Alonso, Mamadou Diouf e Christian Reigosa) e o Reloxo Timex ao Mellor Xogador recaeu no laranxa Renato.

Encadrado no Grupo C, o Infantil burelista medirase ao Les Corts (Barcelona), o domingo 2, e ao Vigo 2015 e CDFS Grucer (Madrid), o luns 3.

Nesta primeira cita de 2011 tamén participará o ED EON Burela FS Benxamín A, no Grupo B, con AD Barval EM O Barco (campión da primeira fase), Troula-Betanzos FS A e Club del Mar San Amaro.

Como aconteceu xa na eliminatoria anterior, en cada categoría accederán ás semifinais (martes 4) os campións de grupo, así como o mellor segundo.

 

Domingo 2 de xaneiro

19.00 horas: Club del Mar San Amaro Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

22.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Les Corts Infantil (Casa do Deporte)

 

Luns 3 de xaneiro

12.00 horas: Troula-Betanzos FS Benxamín A-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

15.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Vigo 2015 Infantil (Casa do Deporte)

19.00 horas: AD Barval EM O Barco Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A (Centro Deportivo Terra)

23.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-CDFS Grucer Infantil (Casa do Deporte)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores