Noticias
30 de decembro de 2010
Galicia métese na fase final co burelista Manu como pichichi irmandiño

Galicia meteuse na fase final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-19 (Segovia, 3-6 febreiro) coa destacada presenza do burelista Manu como pichichi do combinado irmandiño.

A selección de Santiago Valladares fíxose coa praza como mellor segundo clasificado en San Fernando de Cádiz, cunha vitoria (Andalucía 0-4), un empate (Castela A Mancha 2-2) e unha derrota (Madrid 9-3). A pesar de que as cousas non comezaron ben para os galegos, ante a furia madrileña, o combinado soubo restablecerse ante o anfitrión; hoxe a igualada fronte os casteláns foi máis que suficiente para adquirir o billete para Segovia. A finalización de Manu foi decisiva nesta eliminatoria, asinando un gol en cada encontro.

Andalucía, Melilla, Valencia, Cataluña e Asturias, como cabezas de serie, completan o elenco que participará na fase final.

 

Grupo II (Andalucía)

Madrid 9-3 Galicia
Andalucía 11-4 Castela A Mancha
Madrid 2-4 Castela A Mancha
Andalucía 0-4 Galicia
Galicia 2-2 Castela A Mancha

Andalucía 5-3 Madrid

 

Grupo I (Melilla)

Aragón 4-1 Estremadura
Melilla 7-6 Navarra
Estremadura 4-0 Navarra
Melilla 6-5 Aragón
Navarra 5-2 Aragón
Melilla 5-3 Estremadura

 

Grupo III (Cataluña)

Baleares 6-4 Canarias
Cataluña 7-0 Canarias
Cataluña 4-4 Baleares

 

Grupo IV (Murcia)

Murcia 6-1 Castela e León
Valencia 5-1 Castela e León
Murcia 0-6 Valencia

 

Grupo V (País Vasco)

A Rioxa 4-7 Asturias
País Vasco 6-0 A Rioxa
País Vasco 2-4 Asturias

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores