Noticias
30 de decembro de 2010
Unha montaña de ilusións laranxas

A peña A Pataca Naranxa despide 2010 cunha montaña de doazóns e ilusións laranxas. No sétimo ano de colaboración do colectivo burelista coa Cruz Vermella, a campaña ‘Un xoguete, unha ilusión’ atopou unha inmellorable resposta entre os mariñáns.

Numerosos afeccionados/as acudiron aos partidos do Burela FS cun agasallo debaixo do brazo para depositar nas caixas solidarias; tamén tivo moi boa acollida o servizo de recollida a domicilio posto en marcha pola Pataca.

O presidente da peña, Juan Izquierdo, agradeceu a implicación e solidariedade amosadas. “Damos as grazas a todas as persoas que responderon ao noso chamamento; puidemos reunir xoguetes, en excelente estado, para aledar a moitos nenos/as nestas datas”.  

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores