Noticias
5 de xaneiro de 2011
O Burela FS exerce de representante das Súas Maxestades de Oriente

O CD Burela quixo alixeirar a carga de traballo que estes días teñen que soportar As Súas Maxestades de Oriente coa tradicional visita laranxa ao Hospital da Costa. As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Claudia e Vanessa foron acompañadas por Brais e André, xogadores do equipo masculino,  e por Alfonso Mera, director da Escola Deportiva Eón Burela FS.

Os representantes laranxas fixeron entrega de diferentes presentes aos nenos/as ingresados, “para achegar un pouco de ledicia e ilusión aos máis pequenos nestas datas tan especiais”, ademais de desexarlles un rápido restablecemento.

Esta foi a segunda visita do club ao Hospital da Costa durante o Nadal. Nas vésperas do 25 de decembro, Lucía, Lola, Edu, Víctor Cachón e o directivo Antonio Ródenas tamén estiveron no centro médico axudando a Papá Noel.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores