Noticias
5 de xaneiro de 2011
Turero e Paleta finalizarán a tempada no Superti A Pontenova

Os xogadores do Burela FS David Richarte e Rubén García, coñecidos deportivamente como Paleta e Turero, respectivamente, finalizarán a tempada actual nas filas do Superti A Pontenova. Ambos os xogadores buscarán no conxunto pontenovés, que milita en Primeira Nacional A, a continuidade necesaria para manter a súa progresión futbolística. O CD Burela FS e Superti Pontenova, en virtude da boas relacións existentes entre ambas as entidades, que manteñen un convenio de colaboración, selaron un acordo beneficioso para todas as partes implicadas. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores