Noticias
6 de xaneiro de 2011
O Torneo de Reis 'AD Santiago de Foz', primeira parada dos prebenxamíns

A primeira parada para os prebenxamíns da ED EON Burela FS en 2011 será a segunda edición do Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz’, o venres 7 de xaneiro, no pavillón Torques de Marzán.

Comezará a xornada o Prebenxamín B medíndose a Praia de Covas (10.30), Santiado de Foz (11.30) e ED Mondoñedo (12.30); a entrega de medallas será ás 13.30 horas. Xa pola tarde, os rivais do Prebenxamín A serán Santiago de Foz (15.30), ED Mondoñedo (17.00), ED Cervo (18.30) e Praia de Covas (20.00). O acto de clausura será ás 20.30 horas.

 

O Vicedo. O sábado 8, o Prebenxamín A e o Benxamín A cruzarán a comarca con rumbo ao Torneo do Vicedo 2011. Ambos os conxuntos mediranse aos anfitrións, ás 16.00 e 17.00 horas respectivamente. A cita tamén acollerá un enfrontamento da categoría infantil entre Club del Mar O Vicedo e Ribadeo FS (18.00). A entrega de trofeos e medallas está prevista para as 19.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores