Noticias
8 de xaneiro de 2011
A derrota en Guadalajara (5-3) aperta a táboa para os laranxas

 A primeira volta finalizou con derrota dos laranxas en Guadalajara (5-3) ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega, un resultado que aperta a táboa para o Burela FS. Os pupilos de Suso Rey comparten os 31 puntos con ElPozo Ciudad de Murcia, que venceu o Extremadura Cáceres 2016 (3-1), e teñen a 1 só punto a oitava praza, do Arcebansa Zamora, que se impuxo ao BP Andorra (1-5). Por arriba, o quinto posto atópase a 2 puntos dos intereses mariñáns (Andorra) e o cuarto a 4 (Valencia). 

A pesar da retirada de Juanma faltando tres minutos para o descanso, por un golpe no xeonllo, nada facía presaxiar un desenlace amargo para o cadro laranxa, despois dun primeiro período no que ambas as porterías se mantiveron infranqueables.

A segunda parte comezou con boas sensacións para o Burela FS, cun gol de Christian no primeiro minuto. Non obstante, axiña chegaron a igualada,  de Rober (23), e a vantaxe, de Raúl Nieto (24), para os castelano-manchegos. Suso Rey intentou recuperar o electrónico con xogo de cinco, no que alternaron Purao e André, pero os locais aproveitaron para distanciarse ata o 4-1 (Dani Fernández, 26, e Juanjo, 31). Os mariñáns volveron ao partido cun tanto de Víctor Cachón, no 31, e Esteller achegouse ao empate co 4-3 no 38. Faltando pouco máis dun minuto, Juanjo sentenciou o encontro, co 5-3.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores