Noticias
17 de xaneiro de 2011
Colabora coa Pataca Naranxa

A peña burelista A Pataca Naranxa sorteará unha fin de semana de hotel para dúas persoas, coincidindo co premio da ONCE do 7 de maio, co fin de recadar fondos para as actividades da tempada.

O posuidor da papeleta gañadora poderá escoller a súa estancia nun aloxamento de tres ou catro estrelas entre Galicia, Asturias e Cantabria, válido durante un ano.

As rifas, ao prezo simbólico de 1 euro, estarán á venda dende hoxe na cafetería Vista Alegre, A Parrillada de Jandro, o ximnasio Hawk, a cervexería O Trisquel e no local da peña do pavillón.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores