Noticias
19 de xaneiro de 2011
O club burelista distinguirá a José Venancio coa Insignia de Ouro e Brillantes o sábado

O CD Burela FS distinguirá ao seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, co galardón laranxa máis prezado, a Insignia de Ouro e Brillantes, polo seu loable labor en favor do fútbol sala. O acto terá lugar coincidindo coa participación do técnico no I Encontro do Deporte Base na Mariña, o vindeiro sábado.

José Venancio inaugurará a xornada, que conta coa colaboración da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Concello de Burela e COPE de la Costa, cun relatorio centrado na actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs desde a base, programado para as 10.30 horas, no hotel Nordés de Burela. A intervención do seleccionador dará paso a unha charla coloquio co adestrador do UCAM Murcia FSF, Miguel Sánchez, e os técnicos laranxas do Burela FS, Suso Rey, e Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro. Xunto ao alumnado da ED EON Burela FS, o técnico analizará o xogo e a toma de decisións individual e colectiva nunha sesión práctica, no pavillón Vista Alegre, a partir das 12.45 horas.

Xa pola tarde, o seleccionador protagonizará unha sinatura de autógrafos no pavillón e será nomeado Socio de Honra do club mariñán, antes do partido de Prata que medirá o Burela FS co UMA Antequera (17.00 horas). A primeira edición do encontro de base finalizará coa cita de Honra Burela FSF-UCAM Murcia (20.00 horas).

 

Sábado 22 de xaneiro

 

Hotel Nordés

10.30 horas: Presentación do seleccionador nacional, José Venancio

10.45 horas: Charla coloquio

11.45 horas: Entrega da Insignia de Ouro e Brillantes do CD Burela FS a José Venancio

 

Pavillón Vista Alegre

12.45 horas: Sesión práctica do seleccionador coa ED EON Burela FS

16.30 horas: Sinatura de autógrafos

16.50 horas: Nomeamento de José Venancio como Socio de Honra do CD Burela FS

17.00 horas: Burela FS-UMA Antequera, vixésimo primeira xornada de Prata

20.00 horas: Burela FSF-UCAM Murcia, décimo quinta xornada de Honra

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores