Noticias
1 de febreiro de 2011
O Panificadora endosou un 0-7 ao pechacancelas, Castrelo

Monólogo ribadense con vitoria fácil ante un Castrelo (0-7) que aínda non conseguiu nin un só punto nos 16 partidos xogados durante esta tempada e que tan só disparou á portería visitante en dúas ocasións durante todo o encontro.

Marta, en dúas ocasións, Elvira e Nuria subiron o 0-4 ao luminoso, resultado co que se chegou ao descanso. A continuación foi un calco da primeira parte e de novo Elvira, Fátima e María puxeron o 0-7 definitivo.

Este resultado obtido en Castrelo de Miño permítelle ao Panificadora del Eo-Ribadeo FS abandonar momentaneamente os postos de descenso e superar en dous puntos o seu rival máis directo, O Carballiño FSF, na loita pola permanencia en Autonómica.

As ribadenses non terán competición a próxima fin de semana; o partido correspondente a esta xornada, co Funeraria Apóstol de Santiago, xa foi disputado o 15 xaneiro.

Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS segue mantendo a quinta posición logo de vencer por 2-1 o Outeiro de Rei, na Mariña o domingo.

 

Ficha técnica:

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Vanessa, Eva, Marta (2), María (1) e Fátima (1), cinco inicial; tamén xogaron Nuria (1), Sofía, Toñi e Elvira (2).

Castrelo FSF: María, Laura, Flavenice, Raquel e Ana, cinco inicial; tamén xogaron Mónica, Carla, Erika, Cristina e Andrea.

Árbitros: Miguel Nieto Iglesias e Cristian Rodríguez Melchor (cronometrador), da delegación de Ourense.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores