Noticias
1 de febreiro de 2011
O club organiza unha viaxe para a afección no derbi Ponte Ourense-Burela FSF

O club laranxa, en colaboración coa Delegación de Deportes do Concello de Burela, poñerá á disposición da afección un autobús e entradas gratuítas para que as persoas que así o desexen poidan presenciar o vindeiro sábado, 5 de febreiro, o derbi autonómico entre o Ponte Ourense e o Burela FSF Pescados Rubén. O pavillón municipal dos Remedios, na cidade das Burgas, acollerá o encontro da décimo sétima xornada de Honra a partir das 17.00 horas.

O bus partirá da estación de Burela ás 10.30 horas do sábado. O regreso realizarase ao finalizar o encontro.

Os seareiros/as interesados/as poderán reservar a súa praza e/ou entrada ata o venres 4 a mediodía nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou enviando un correo electrónico a burelafs@burelafs.org, no que indiquen nome, apelidos e DNI. Teléfono de contacto: 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores