Noticias
2 de febreiro de 2011
O Spa Termas de Villalba, destino rexenerativo para o Burela FSF

Tras o notorio desgaste do gran partido ante o líder mostoleño, o Burela FSF Pescados Rubén comezou a semana cunha sesión rexenerativa, o luns pola tarde, no centro colaborador Tesal Termas de Villalba e así recuperarse fisicamente para o derbi autonómico fronte ao Ponte Ourense (sábado 5, 17.30, Os Remedios).

A xornada do cadro laranxa discorreu entre o circuíto e o club termal con terma romana, duchas bitérmicas e cronoterapia, baño turco, sauna e duchas aromatizadas, por un lado, e piscina termolúdica, jacuzzi, camas de auga…, polo outro. A través da sesión, o conxunto feminino puido avanzar no proceso de recuperación muscular e metabólico, ademais de restaurar as reservas enerxéticas.

O Burela FSF realizou o desprazamento ata o centro vilalbés por cortesía do patrocinador laranxa Autos Morán, estreando a moderna e confortable última adquisición da empresa mindoniense.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores