Noticias
9 de febreiro de 2011
O Entroido da Pataca Naranxa

A Pataca Naranxa abrirá os festexos do Entroido 2011 o sábado 26 de febreiro cun tradicional cocido. Coincidindo co Burela FS-Extremadura Cáceres 2016, da vixésimo sétima xornada de Prata, a peña burelista reunirá os seus socios e socias en torno a un suculento xantar na Parrillada de Jandro, a partir das 15.00 horas.

Ata o mércores 23, todas as persoas interesadas poderán retirar os tickets (15 euros) na cafetería Vista Alegre, na cervexería O Trisquel e na Parrillada de Jandro ou facer a reserva a través do número 607 74 87 86.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores