Noticias
14 de febreiro de 2011
Adestramento da Selección Galega

A xogadora burelista Lidia participará no segundo adestramento preparatorio da Selección Galega Sub-23 para o nacional de Estepona (1-6 de marzo); a sesión está programada para esta tarde, no pavillón compostelán Monte dos Postes (19.30 horas).

Xunto á representante laranxa, completan a convocatoria de María Bardanca Sara Martínez, Marta Rodríguez e Ana Rivera, do Ponte Ourense; Lucía Álvarez, Iria Saeta e Vanessa Quintela, do Cidade das Burgas; Iria Vieiro, Paula Lorenzo e Erika González, do Meirás Valdetires; Beatriz Filgueira e Sara Fernández, do Fervenza FS; Lucía Souto, do Ateneo Combarro; Yolanda Saa, do Leis Pontevedra; e María Pérez, do Viajes Amarelle.

O combinado irmandiño compartirá o Grupo A con Cataluña, Andalucía e Castela-A Mancha; o B estará composto pola Rioxa, Estremadura e Murcia e no C xogarán Cantabria, Aragón e o País Vasco.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores