Noticias
14 de febreiro de 2011
A Mariña FS-Porta Nova, aprazado polo mal tempo

O conxunto naronés Porta Nova, primeiro rival da Mariña FS no Campionato ‘Todos polo Fútbol’, non viaxará hoxe a Burela polo mal tempo. Con este aprazamento, o equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da comarca posporá ata a vindeira semana o seu debut na nova edición da cita organizada dende Feafes-Galicia, ante APEM A Coruña.

Un total de 11 conxuntos disputarán a liga ata mediados de xuño. A Mariña FS compartirá o Grupo Norte con Porta Nova, APEM Coruña, APEM Carballo e APEM Cambre; o Sur estará composto por 6 equipos de Ourense e Pontevedra. O Barco de Valdeorras acollerá a final galega entre finais de xuño e principios de xullo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores