Noticias
15 de febreiro de 2011
Ao Panificadora escápaselle o empate no último suspiro

Un partido moi igualado se viviu o sábado no municipal de Vimianzo entre o Fisober FSF e o Panificadora do Eo, da décimo novena xornada de Autonómica, no que as ribadenses a punto estiveron de traer algo positivo para A Mariña.

Transcorría o minuto 10 cando Sabela puxo o Ribadeo por diante, cun potente tiro desde 18 metros que a porteira local Paula non conseguiu deter. Uns 5 minutos máis tarde a local Patricia subiu a igualada nun descoido defensivo das ribadenses.

Con 1-1 volveu o partido. Durante a segunda parte os dous equipos buscaron ansiosos a vitoria, con numerosas ocasións, ata que no minuto 29 foi o Fisober, por mediación de Barca, o que tomou distancias nunha contra cando máis cerco puñan as mariñás. A partir de aquí, o Ribadeo sacou valor e intensificou o seu dominio, froito do cal, preto de cumprirse o minuto 38, Nuria envía ás mallas unha bonita xogada ben levada polas ribadenses Marta e Eva.

Parecía que o 2-2 sería un resultado xusto e final, ata que a falta de 1 minuto, unha desafortunada xogada de Nuria permitiu a Patricia facerse co balón e subir o segundo gol na súa conta particular, que supuxo o 3-2 definitivo para as de Vimianzo.

O vindeiro sábado o Panificadora recibirá o Mesón Río Ulla (19.15 horas), un dos equipos que poden ser accesibles para as aspiracións das ribadenses a manter a categoría.

Ficha técnica

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Vanessa, Nuria (1), Eva, Marta e María, cinco inicial; tamén xogaron Sabela (1), Iria, Toñi, Sofía, Elvira e Carla.

Fisober FSF: Paula, Patricia (2), Elsa, Ana e Alba, cinco inicial; tamén xogaron Andrea, Barca (1) e Eva.

Árbitros: Vicky Mosquera Enjamio e Irene Lojo del Río (cronometradora), da delegación de Santiago. Mostraron dobre cartón amarelo a Carla, do Panificadora.

 

Provincial masculino. O Ribadeo FS conseguiu unha folgada vitoria (7-1) ante o Samos FS, resultado que o mantén na cuarta posición, con aspiracións á loita polo ascenso a Autonómica.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores