Noticias
16 de febreiro de 2011
Empate ante o pechacancelas (1-1) nun día gris para os pupilos de Suso Rey

O Burela FS salvou un punto ante o Restaurante Frontera Tobarra, pechacancelas da categoría, nun día moi gris para os pupilos de Suso Rey. Os laranxas fixéronse coa igualada a escasos segundos para o final cun xogo impreciso ao que a bancada de Vista Alegre non está acostumada.

Dende o inicio, a falta de acerto dos mariñáns aliouse coas boas intervencións do meta visitante, Augusto, cun equipo que veu á bomboneira para pecharse na súa propia pista, á espera dos erros burelistas. O electrónico mantívose inalterable no primeiro período, no que os locais tan só puideron botar man de tiros exteriores.

Tras o descanso, o encontro cobrou máis ritmo. No entanto, o crecemento burelao viuse freado, no minuto 25, polo tanto de Marcos, que aproveitou unha perda de balón de Minu e bateu a Edu cun lanzamento cruzado. Sen éxito na finalización, André enfundou a camisola de porteiro-xogador para seguir pelexando pola igualada, que coou Víctor Cachón pola escuadra nos últimos instantes.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores