Noticias
18 de febreiro de 2011
O cadro de Pardeiro viaxa a Zaragoza con altibaixos no vestiario

Con rumbo a terras mañas partiu esta mañá a expedición laranxa, con altibaixos no vestiario, para medirse ao noveno clasificado de Honra, Natudelia.com Zaragoza. Fronte ás malas novas das ausencias da pichichi Ro, por molestias musculares, e da gardameta Irene, por motivos persoais, ademais da dúbida de Lucía, por sobrecarga, a boa noticia céntrase no regreso ás pistas da internacional Vanessa; Javier Pardeiro poderá outorgarlle algún minuto á última fichaxe laranxa despois estar apartada tres semanas por unha rotura fibrilar. 

Na cita da décimo novena xornada, que dará comezo ás 18.30 horas no pavillón municipal La Granja, o Burela FSF Pescados Rubén pelexará por retomar o camiño da imbatibilidade perturbado ante La Rioja (1-2) a semana pasada e recuperar o bo xogo que que o levou ata a actual cuarta praza (32 puntos), rifada co Valladolid FSF. Pola súa banda, a escuadra maña non estará disposta a vender barata a cita; as aragonesas acaban de saír dunha mala etapa, con catro derrotas consecutivas (Móstoles 4-3, Ponte Ourense 1-5, La Rioja 2-5 e Soto del Real 6-5), co triunfo na pista do Valladolid (1-4).

O encontro de Vista Alegre, na primeira volta, subiu á cuadrícula das mariñás (5-2).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores