Noticias
22 de febreiro de 2011
Vista Alegre e Álvaro Cunqueiro, próximas visitas no programa Xogade

Os CEIP Vista Alegre, de Burela, e Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, serán os próximos destinos do CD Burela FS na actividade da Secretaría Xeral para o Deporte ‘Coñece o meu Club’, integrada no seu programa Xogade.

Os representantes laranxas visitarán o centro burelao o xoves e o venres para adestrar cos rapaces/as de entre primeiro e sexto de Primaria; a xornada deportiva na cidade mindoniense está prevista para o venres coas clases de terceiro, cuarto e quinto.

Estas dúas visitas pecharán a axenda semanal burelista, que comezou onte cunha sesión no CEIP Número 1 de Foz, na que o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto compartiu balón e pista co técnico do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, as xogadoras Alba e Dolo e o xogador Purao.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores