Noticias
23 de febreiro de 2011
O club laranxa participa no exitoso maratón de lectura de Burela

O club laranxa estivo presente no exitoso maratón de lectura de Burela, coa participación de Ro, Irene, Juanma e Edu, nunha iniciativa do club de lectura promovido dende a Concellería de Cultura.

As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén decidíronse polos relatos de Xente de aquí e de acolá, do mindoniense Álvaro Cunqueiro, o autor máis lido durante a cita no centenario do seu nacemento. Os membros do conxunto masculino, pola súa banda, escolleron unha antoloxía de Xosé Manuel González Reboredo, Lendas galegas de tradición oral.

Durante doce horas de lectura ininterrompida, pasaron polo salón de plenos consistorial nesta novidosa proposta alumnado e profesorado de centros de ensino, representantes de asociacións e colectivos, así como xente anónima, nunha cifra que roldou as 300 persoas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores