Noticias
25 de febreiro de 2011
O espectáculo sénior abre as súas portas á EDM EON Burela FS

O CD Burela FS estreitará os lazos entre os primeiros equipos laranxas e a EDM EON Burela FS achegando o espéctaculo sénior, de Prata e Honra, ao alumnado da escola e as súas familias. Deste xeito, a entidade repartirá entre as pequenas promesas do fútbol sala invitacións para as próximas citas de Vista Alegre, co fin de que os nenos e nenas poidan presenciar os encontros e gozar do ambiente festivo acompañados de seus pais/nais. 

Para esta fin de semana distribuiranse entradas gratuítas nas categorías de Benxamín A e C, Alevín A e B e Infantil Feminino. Tamén están invitados a estes partidos o alumnado e profesorado das escolas deportivas de Cervo e Foz, coas que o club burelista mantén un convenio de colaboración dende o ano pasado, e os CEIP Número 1 de Foz, Vista Alegre de Burela e Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, centros que visitou esta semana a entidade laranxa a través de ‘Coñece o meu Club’, da Secretaría Xeral para o Deporte.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores