Noticias
27 de febreiro de 2011
Lala guía o Valladolid para derrotar a un Burela esvaecido

O Valladolid levou os tres puntos de Vista Alegre tras vencer por 2-5 a un esvaecido Burela FSF Pescados Rubén. As pucelenas realizaron un meritorio encontro xa que xogaron todo o encontro con cinco xogadoras. A pesar diso, lograron un alto rendemento ás súas ocasións e á ansiedade local durante o choque. O partido comezou favorable aos intereses laranxas xa que no minuto tres de xogo Rocío desviou un lanzamento de Vanessa que despistou a Lala e acabou en gol. O Burela controlaba o choque ante un Valladolid repregado á espera da súa ocasión. Varias oportunidades tivo o cadro local para aumentar a súa renda pero unha perda de balón supuxo o empate no minuto sete, logrado por Cris. A igualada visitante inxectou moral ás súas xogadoras que aproveitaron o desconcerto burelense para situarse con 1-3, senllos goles de Bea. O Burela reaccionou e contou con seis claras oportunidades, dúas delas estreláronse na madeira e nas demais Lala evitou que o asedio tivese repercusión no electrónico. A meta brasileira foi a principal culpable para que se chegase con 1-3 ao descanso.

Na continuación o Burela marcou con prontitude, Vanessa de cabeza bate a Lala tras un excelente envío en longo de Jozi. O pulo do conxunto de Pardeiro pechou as valisoletanas, que mantiñan a intensidade, pero as continuas imprecisións facilitaron a defensa visitante. Os minutos pasaban e as ocasións eran escasas. A cinco minutos para o final, Dolo saltou á pista no xogo de cinco pero foi o Valladolid o que sentenciou o choque no último minuto con dous goles máis, Andrea desde media pista e Bea a porta baleira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores