Noticias
28 de febreiro de 2011
A Mariña FS recibirá mañá o APEM Carballo (16.30 horas)

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, A Mariña FS, recibirá mañá o Apem Carballo, no  campionato “Todos polo Fútbol”. O encontro terá lugar no pavillón Monte Castelo, ás 16.30 horas.

Este será o segundo partido da liga para os mariñáns, que a semana pasada visitaron o APEM A Coruña, sen sorte no resultado.

Un total de 11 conxuntos disputarán a competición ata mediados de xuño. A Mariña FS comparte o Grupo Norte con Porta Nova, APEM Coruña, APEM Carballo e APEM Cambre; o Sur está composto por 6 equipos de Ourense e Pontevedra.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores