Noticias
28 de febreiro de 2011
Lidia defenderá a camiseta galega no Nacional Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo)

A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Lidia Mesías defenderá a camiseta galega no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, que se disputará en Estepona entre o 2 e o 6 de marzo.

Completan a convocatoria definitiva de María Bardanca Sara Martínez, Marta Rodríguez e Ana Rivera, do Ponte Ourense; Lucía Álvarez, Iria Saeta e Vanessa Sotelo, do Cidade das Burgas; Iria Vieiro e Eirka González, do Meirás Valdetires; Sara Fernández, do Fervenza FS; Lucía Souto, do Ateneo Combarro; e María Pérez, do Viajes Amarelle FS.

A Selección Galega reunirase hoxe no pavillón compostelán Monte dos Postes (19.30 horas) para realizar o último adestramento antes da gran cita. Cataluña será o primeiro rival, o mércores ás 11.00 horas, no pavillón La Lobilla. O xoves o cadro irmandiño medirá as súas forzas a Castela-A Mancha, ás 13.00 horas, e o venres pechará a primeira fase ante Andalucía, ás 19.00 horas.

No resto dos grupos enfrontaranse Murcia, A Rioxa e Estremadura, no segundo; País Vasco, Aragón e Cantabria, no terceiro; e Madrid, Valencia e Castela e León, no cuarto. Para as semifinais clasificarase o primeiro de cada grupo; o sorteo de emparellamentos será o 4 de marzo, cando finalice a última xornada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores