Noticias
1 de marzo de 2011
Fernando López asume o cargo de xerente no CD Burela FS

A xunta directiva do CD Burela FS vén de nomear a Fernando López Otero como o novo xerente da entidade, a proposta do director xeral, José Luis Sáez. Fernando estivo acompañado polo vicepresidente, Manuel Blanco, na súa presentación na sede do club.

A vinculación deste burelao, titulado en Actividades Físicas e Deportivas, coa entidade laranxa retrotráese a 2006, cando asumiu responsabildades no departamento de Mercadotecnia e Comunicación. Na presente tempada, ademais compatibilizaba esta tarefa co labor de delegado do Burela FS Feminino Pescados Rubén.

A chegada de Fernando López á xerencia da entidade burelista completa a estrutura de dirección e xestión do club, encabezada por José Luis Sáez, como director xeral, e tutelada por Martín G. Rodil, como xefe de Administración e director de Comunicación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores