Noticias
2 de marzo de 2011
Galicia Sub-23 abre o nacional con empate (3-3) ante Cataluña

Galicia abriu o Campionato de España de Seleccións nun bonito partido ante Cataluña con alternativa no marcador e que finalmente rematou con empate (3-3). A laranxa Lidia participou dende o cinco inicial irmandiño.

O equipo galego saltou á pista máis decidido en ataque mentres que a selección catalá se empregou en tarefas defensivas ao comezo. Nos primeiros cincos minutos, aínda que sen ocasións claras, roldou o perigo na portería de Saray. As chegadas eran máis continuas por parte de Galicia, pero Cataluña foise asentando. A sorpresa apareceu no minuto 16, co 1-1 das catalás, un disparo de Ingrid entre as pernas da meta galega. Cos intentos de Galicia por nivelar a contenda chegou o descanso.

Tras a continuación, Galicia deulle a volta ao marcador. No minuto 25, Marta subiu o empate tras unha xogada de estratexia nunha falta ao bordo da área; segundos máis tarde, nun bo contraataque e tras parede entre a propia Marta e Lucía, que finalizou, conseguiuse o 2-1. Tres minutos máis tarde, Cataluña recuperou as táboas por mediación de Moni.

A falta de 6 minutos, Galicia púxose novamente por diante cun disparo de Ana desde a frontal da área tras un pase desde banda nunha recuperación defensiva do equipo galego en cancha rival. A Selección Catalá pediu tempo morto a dous minutos para o final, para atacar de cinco coa súa porteira suplente Elvi, con todo o gol do empate chegou nun disparo afastado de Nona con Sara fóra da portería. Foi o 3-3 co que se chegou ao final do partido.

Castela-A Mancha será o próximo rival das galegas, mañá, a partir das 13.00 horas, na Lobilla.

 

Ficha técnica

Galicia: Sara, Marta, Iria, Lidia, Erika, no cinco inicial; tamén xogaron Ana Rivera, Iria, Vanessa, Sara Fernández, Lucía Souto e María.

Cataluña: Saray, Sandra, Anna, Eva, Xandri, no cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Carlota, Sandra Torres, Ingrid, María e Elvira.

Goles: 0-1, minuto 16, Ingrid; 1-1, minuto 25, Marta; 2-1, minuto 25, Lucía; 2-2, minuto 28, Mónica; 3-2, minuto 35, Ana Rivera; 3-3, minuto 39, María.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores