Noticias
4 de marzo de 2011
Un duelo directo agarda os laranxas en Lanzarote

Un duelo directo no fondo de play off agarda mañá os laranxas en Lanzarote, na vixésimo oitava xornada de Prata, entre a novena praza dos insulares (34 puntos) e a oitava dos mariñáns (40). O partido comezará ás 19.00 horas, no municipal del Argana, en Arrecife.

Aínda que nesta cita os pupilos de Suso Rey non verán perigar a posición actual, non poden descoidarse; teñen que saír da espiral sen triunfos e aproveitar o descanso do Arcebansa Zamora (40) e a difícil visita de ElPozo Ciudad de Murcia (41), do UPV Maristas Valencia (50), para afastarse do precicipio de play off. No entanto, o encontro preséntase con tinguiduras de guerra porque os canarios necesitan, e moito, os puntos para seguir vivos entre os candidatos ao ascenso; o Lanzarote Arrecife 2020 Tías Yaiza porá todo da súa parte, xa que o FC Barcelona (33), UMA Antequera (32) e Unión África Ceutí (32) están en disposición de arrebatarlle a praza. Despois de tres derrotas consecutivas ante rivais da zona nobre (Zamora 4-3, Puertollano 6-2 e Navarra 5-2), unidas á semana de descanso, a escuadra insular pelexará por subir de novo unha vitoria.

Segundo os datos facilitados polo club lanzaroteño, cos canteiráns burelistas Xuxa e Javi Fajardo, os locais terán a baixa do seu capitán Zeus, en proceso de recuperación da distensión nun xeonllo. Serán dúbidas Jordi, con problemas de nocello, e Solano, cunha sobrecarga. Pola súa banda, os laranxas contarán coa baixa de Minu e a dúbida de Juanma, que viaxou, aínda que sen garantías de regreso ás pistas tras a lesión de xeonllo. Tampouco estará Adriá Esteller, posto que o CNFS desestimou o recurso interposto en tempo e forma polo club mariñán e o xogador terá que cumprir un partido de suspensión por “dirixirse con expresións de desconsideración a un dos árbitros ao finalizar o partido do Extremadura-Cáceres 2016”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores