Noticias
6 de marzo de 2011
A derrota en Lanzarote prolonga a racha negativa do Burela FS

O equipo mariñán caeu ante o Tías Yaiza por 4-2 malia facer fronte aos locais, nun partido con alternancias na posesión e no que puido gañar calquera. Adiantou Johny aos canarios moi cedo (1-0. Minuto 5) pero respondeu rapidamente Ique para os laranxas (1-1. Minuto 11). Desde ese momento ata o descanso só foron capaces de anotar os locais, o que condenou o Burela FS a irse á caseta cunha desvantaxe considerable (3-1).

O segundo tempo foi de loita constante. Sempre e cando as goteiras no pavillón deixaban tempo para o xogo que, ademais do atraso inicial acumulado pola aparición de auga no interior, tivo que deterse nalgunha outra ocasión.

Ao gol de Purao no 19 (3-2) respondeu Solano co 4-2 no 27. Un resultado negativo que deixa o Lanzarote a tres puntos dos laranxas na loita polo play off e aperta os postos que dan acceso á quenda final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores