Noticias
9 de marzo de 2011
Os laranxas, a punto de dar a sorpresa na Copa Galicia

A punto de dar a sorpresa estiveron os laranxas nas semifinais da XX Copa Galicia (Lalín, 7 de marzo) ante o honorable Azkar Lugo. No entanto, a lotería dos penaltis apareceu para desbaratar o propósito do Burela FS, que mostrou a súa seriedade nun encontro moi equilibrado.

Os mariñáns puideron neutralizar o tanto temperán do Azkar (minuto 4) grazas a un lucido taconazo de Clebinho (17) para chegar ao descanso con empate. No segundo período, o cadro de Suso Rey tomou vantaxe por dúas veces, co 2-3 novamente de Clebinho e o 3-4 de Manu, pero os lugueses optaron pola saída de porteiro-xogador e puideron igualar a contenda. Superado o tempo regulamentario, a quenda de penaltis viroulles as costas aos laranxas, cun resultado en contra de 3-4.

Como cabía esperar, as quinielas cumpríronse nunha final que reuniu xunto aos transportistas o outro equipo galego de Honra, o Autos Lobelle de Santiago, tras vencer ao Mera (8-2), de Primeira A. O electrónico e a Copa foi parar ás mans dos composteláns, que se impuxeron con contundencia aos de Bruno García (2-6) no seu terceiro título autonómico consecutivo.

Ficha técnica

Azkar Lugo: Óscar, Iago Míguez, Adri, Mimi e Genaro, no cinco inicial; tamén xogaron R. López, Matamoros, Miguel, Guerra, Hugo, Antonio e Mendiola.

Burela FS: Edu, André, Víctor Cachón, Ique e Purao, no cinco inicial; tamén xogaron Esteller, Christian, Clebinho e Manu.

Goles: 1-0, minuto 4, Guerra; 1-1, minuto 17, Clebinho; 2-1, minuto 22, Mimi; 2-2, minuto 23, Ique; 2-3, minuto 24, Clebinho; 3-3, minuto 28, Miguel; 3-4, minuto 36, Manu; 4-4, minuto 38, Matamoros.

Árbitros: González, de Ourense, e Ruano, de Ferrol

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores