Noticias
10 de marzo de 2011
CP Casás, primeiro rival dos infantís na Copa Autonómica

O CP Casás será o primeiro rival da ED EON Burela FS Infantil na fase previa da Copa Autonómica, que arrincará o 19 de marzo.

Tras o bo traballo da liga, na que acadou a terceira praza por detrás de Colegio Liceo e Azkar Lugo, o cadro mariñán afrontará a Copa en cinco xornadas xunto ao mencionado CP Casás, Concello de Guitiriz, O Parrulo FS e Hércules FS, no Grupo A. O B estará composto por IES Coruxo, Salesianos Vigo e Colexio Abrente e no C competirán Leis Pontevedra FS, Agrupación Deportiva Bueu e A Paz 03.

O primeiro de cada grupo accederá á fase final da Copa xunto ao segundo clasificado do Grupo de Campións, formado por Colegio Liceo e Azkar Lugo, da Liga Norte, e CD Beade e Vigo 2015 FS, da Sur.

Selección Galega. Os laranxas Christian García e Renato Lopes participarán esta fin de semana nunha nova concentración de Galicia Infantil, no Complexo Xuvenil As Mariñas de Bergondo. As localidades pontevedresas de Mos e O Porriño acollerán o Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Infantís entre o 15 e o 17 de abril.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores